VII XORNADA COORGANIZADA POLA REAL ACADEMIA DE MEDICINA DE GALICIA E O SERVIZO DE GINECOLOGÍA E OBSTETRICIA DA ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DA XERENCIA INTEGRADA DE FERROL
PREVENCIÓN E DIAGNÓSTICO PRECOZ DO CANCRO XINECOLÓXICO E MAMARIO NA ÁREA SANITARIA DE FERROL
PROGRAMA
16:10 h. Dr. D. Ángel FACIO VILLANUEVA. Xerente da EOXI de Ferrol
Ilmo. Sr. D. Javier MARTÍNEZ PÉREZ MENDAÑA. Xinecólogo Xubilado. Ex Jefe do Servizo de Ginecología e Obstetricia do CHUF. Académico Numerario da Real Academia de Medicina de Galicia. Presentación e Xustificación da Xornada
16:20 h. Fernando PARAMIO CASTEDO. Médico de familia. Xefe do Servizo do Centro de Salud de As Pontes. Recomendacións para a prevención do cancro. O papel do médico de familia
16:50 h. Laura DE PAZ ARIAS. Oncóloga. Xefe de Sección de Oncoloxía Médica do CHUF. Cancro familiar ou hereditario. ¿A que pacientes derivamos para consello xenético?
17:10 h. Manuel Ángel VEIGA TUIMIL. Ginecólogo, Xefe de Sección de Ginecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol: Cancro de ovario.
17:25 h. Carolina ANEIROS SUÁREZ. Ginecóloga. FEAS del CHUF. Unidade de Patoloxía Cervical e Colposcopia / Oncoloxía Ginecológica. Cancro de endometrio
17:40 h. Manuel DÍAZ TIE. Cirurxano. Xefe de Servizo de Cirurxía Xeral y Dixestiva del CHUF. Cancro de mama
18:00-18:30 h. Coloquio. Raquel ABELLEIRA SANJURJO. Ginecóloga. FEAS do CHUF. Unidade de Patoloxía Cervical e Colposcopia / Oncoloxía ginecolóxica
18.45 h. María ROMEU MARTÍNEZ. . Matrona. Atención primaria ASF. Prevención secundaria do cancro do pescozo uterino. Contribución da Atención Primaria na área Sanitaria de Ferrol.
19:05 h. María Beatriz SUÁREZ TRABA: Pediatra. Centros de Saúde de Ares e Mugardos. Prevención primaria do cancro do pescozo uterino. Vacinación VPH (Virus do Papiloma Humano) na idade pediátrica.
19:25 h. María CALAZA VÁZQUEZ. Ginecóloga. FEAS do CHUF. Unidade de Patoloxía Cervical e Colposcopia / Oncoloxía Ginecológica. Vacinación VPH na muller adulta.
19:50-20:45 h. COLOQUIO. Raquel ABELLEIRA SANJURJO.
20:45 h. Excmo. Sr. D. José CARRO OTERO. Presidente da Real Academia de Medicina. Clausura da Xornada
OBXECTIVO XERAL: Optimizar o cribado e o diagnóstico precoz dos cancros xinecolóxicos e mamarios na área Sanitaria de Ferrol ( ASF) cunha visión integral entre os diferentes niveis de atención sanitaria.
OBXECTIVO ESPECÍFICO
1. Mellorar a coordinación do cribado e o diagnóstico precoz dos cancros de orixe xinecolóxica e mamario entre atención primaria e atención especializada no ÁSF.
2. Mellorar as canles de comunicación entre a atención primaria e a atención especializada.
3. Difusión de guías de actuación e derivación..
PERTINENCIA.
Durante os últimos 20 anos houbo un aumento continuo dos diagnósticos de cancro debido fundamentalmente ao incremento na esperanza de vida da poboación e á mellora das técnicas diagnósticas. Os cancros xinecolóxicos e da mama supoñen o 40 % dos tumores malignos diagnósticados na muller en España (Rede Española de Rexistros do Cancro, REDECAN, 2015). A estratexia SERGAS 2020 establece como un dos obxectivos estratéxicos a "promoción da saúde e a prevención das enfermidades cunha visión integral". As intervencións de prevención e o diagnóstico precoz dos cancros deben mellorar a saúde das persoas, diminuír a carga da enfermidade e ser custo-efectivos evitando o sobrediagnóstico e o sobretratamiento, deben maximizar os beneficios en termos de saúde persoal e colectiva e pola contra minimizar os prexuízos que poden causar as intervencións sanitarias. A participación da atención primaria é determinante en todas as actividades preventivas e de diagnóstico precoz. Dentro deste marco e incorporando os avances en intervencións baseadas na evidencia científica con efectividade demostrada preténdese: - Actualizar os coñecementos achega do cribado e do diagnóstico precoz dos cancros de orixe xinecolóxica e mamario entre os profesionais implicados (enfermeiras, matronas, médicos de familia, pediatras, xinecólogos, cirurxiáns, oncólogos) fomentando a promoción da saúde e a prevención da enfermidade. - Difundir as guías e os mecanismos de derivación ás consultas específicas. - Dar a coñecer que cancros poden ter unha orixe hereditaria. Unha historia clinica familiar detallada permite identificar os individuos con predisposición hereditaria ao cancro. Estes grupos de poboación poderíanse beneficiar de estratexias de vixilancia específica e do consello e análise xenético na unidade de alto risco de cancro do ASF. - Xerar unha visión compartida do problema entre os diferentes niveis asistenciais coa participación de todos os profesionais que permita reducir a variabilidade clínica e mellorar a continuidade asistencial, con posta en valor da atención primaria, orientando o sistema cara ao paciente.